domingo, 2 de noviembre de 2014

Así no Terceiro Reich

Materiais de apoio en forma de presentación e Golgster para facilitar a comprensión dos anos previos ao Xenocidio e as súas consecuencias. O obxectivo é enlazar cunha explicación posterior do funcionamento dos campos de concentración, acompañado polo visionado de "La Zona Gris" para facilitar a comprensión da persecución e exterminio xudeu por parte do alumnado.A primeira imaxe da presentación en Slideshare pertence ao artista de orixe alemán John Heartfield (non é o seu nome orixinal, o cambiou en sinal de protesta tras ser alistado á forza durante a I Guerra Mundial) A obra á que pertence di "Ao igual que na Idade Media, así no Terceiro Reich"... e de ahí o nome da entrada.

Así no Terceiro Reich
View more PowerPoint from javierpeteiro


Na mitoloxía xermánica, o Götterdämmerung é o mito que fai referencia ao ocaso dos deuses e o final da súa hexemonía. Dado o gusto dos xerarcas nazis por estes mitos, non é raro asocialo co final do réxime.


Este Glogster ten por obxectivo mostrar, de forma esquemática, os acontecementos que poñen final o Holocausto e o mundo que queda tras este. Como ben sabemos, na Historia rara vez hai finais felices.

jueves, 30 de octubre de 2014

Afondando no visto na aula: materiais para traballar con "A zona gris"

Para complementar o visionado da película "A zona gris", baseada na obra "Eu traballei para o doutor Mengele" de Miklos Nyizsli, vos presento aquí unha información complementaria  que pode resultar de utilidade para a compresnión de película e da unidade. 


A vida no campo de concentración:



-Os prisioneiros eran trasladados en vagóns de gando durante días, amoreados e sen lugar de descanso. Sen apenas alimentación ou auga, moitos deles morrían antes de chegar ao campo. Os que chegaban facíano demasiado debilitados como para ofrecer resistencia.



-A organización do campo procuraba facer coincidir o descenso dos prisioneiros coa noite para aumentar a súa intranquilidade e indefensión. Os gardas, acompañados de cans, baixaban a berros aos prisioneiros dos vagóns.

-Case de inmediato comezaba o proceso de selección. Primeiro, separábase os homes das mulleres e dos nenos. Despois, os prisioneiros formaban filas que eran inspeccionadas polos doutores do campo. Eles decidirían quen era apto para traballar e quen non, descartando nesta selección inicial a enfermos e anciáns, e frecuentemente aos rapaces e as súas nais.



-Os prisioneiros que non se consideraban aptos eran enganados e trasladados a uns barracóns nos que se lles obrigaba a espirse, organizar as súas posesións e entrar nunhas supostas duchas. Estes espazos tratábanse, non obstante, de cámaras de gas nas que se soltaba Zyklon B, produto que provocaba a asfixia. (Como vimos na película, o engano procúrase manter ata o final para evitar que se produza unha rebelión)



-Aqueles que foran considerados como capacitados para traballar vivían un proceso semellante pero esquivando, polo menos polo momento, a cámara de gas. Tras saír das duchas, cada prisioneiro recibía unha tatuaxe no brazo que o marcaría de por vida, rapábaselle e se lle entregaba o uniforme que debería levar en todo momento. Os homes remataban nunha parte do campo e as mulleres e os nenos noutra.




-Durante un prazo de ata seis semanas, os prisioneiros eran encerrados en barracóns e sometidos a unha corentena que os esgotaría aínda máis a nivel psicolóxico. A partir dese punto, podían ser reclamados en calquera momento para realizar calquera tipo de traballo que o estado nazi puidese aproveitar, dende organizar o inventario do campo a cavar zanxas ou construír estradas. (Por exemplo, ao longo da película vimos as mulleres do campo de Birkenau traballar nunha fábrica de municións) Os máis afortunados podían rematar colaborando coa administración do campo (Como é o caso do doutor xudeu Miklos Nyiszli, ao que o vemos obrigado a traballar xunto a Josef Mengele)

-Dentro dos distintos traballos que podía levar cabo un prisioneiro, encontrábase un caso particular que vimos na película: o do sonderkommando. Estes prisioneiros encargábanse de xestionar para as autoridades do campo as posesións dos prisioneiros eliminados, utilizar calquera recurso que puidese ser extraido dos seus corpos (como o cabelo, ou dentes de ouro) e de queimar os cadáveres nos fornos. Se ben os sonderkommandos tiñan mellores condicións de vida que o resto dos prisioneiros, as autoridades do campo acostumaban a eliminalos cada poucos meses empregando calquera escusa para evitar que tivesen tempo de planear fugas ou rebelións.



-As condicións de vida no campo de concentración eran terriblemente duras. O traballo esgotador e a escasa alimentación que recibían os prisioneiros (en torno a 800 calorías diarias das 2000/2500 que necesita un adulto) xunto coas enfermidades que podían contraer os prisioneiros polas súas baixas defensas e as malas condicións hixiénicas ou sanitarias do campo ían matando lentamente a xente.

-A vida e morte estaban totalmente sometidas ao azar. Ao prisioneiro podía pasarlle calquera cousa, dende sufrir unha execución ou interrogatorio ao azar ata ser seleccionado para rematar en mans dos doutores dos campos como rata de laboratorio para os seus experimentos médicos. Ninguén estaba a salvo.

-A fuxida do campo resultaba practicamente imposible: xunto aos gardas, as torres de vixilancia e os cans, os alemáns instalaron no perímetro dos campos vallas electrificadas.


-Se ben resulta difícil precisar a cantidade de xente que foi eliminada en Auschwitz (as cifras sitúanse entre o millón e medio e os 6 millóns), debemos ter en conta que o campo funcionaba como unha xigantesca fábrica destinada á eliminación de individuos, colocando todos os avances da revolución industrial ao servizo do xenocidio. A través das súas cámaras de gas e os seus fornos, estímase que no campo poderían chegar a eliminarse máis de 250.000 persoas ao mes.